14.6 C
Santa Comba
jueves, octubre 3, 2024

Veciños da Baña, Vimianzo e Zas expresan o seu rexeitamento ó peche de oficinas de Abanca

Centos de veciños da Baña, Vimianzo e Zas (500 segundo os promotores da concentración) protestaron diante da sede de Abanca na Coruña, polo peche previsto (o 8 de setembro) das sucursais de Baíñas, A Baña e Zas.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil entrou vía telefónica no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas para criticar esta decisión e a falta de acción por parte da Xunta de Galicia. Para Pereira este peche sería un duro “golpe” para os municipios afectados.

Escoita aquí a Pereira- Desde o minuto 14

Nos Cantóns coruñeses, onde se citaron os veciños, o alcalde de Zas,Manuel Muíño,  recriminou a falta de motivación dos peches: “Non está motivada por nada que fixeramos nós nin tampouco porque dean perdas. A única fin que ten é aumentar os beneficios da entidade a costa de prexudicar directamente 10.000 persoas nestes tres concellos e noutros limítrofes”.

Pola súa parte a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez,  subliñou o feito de que Abanca non comunicara a decisión. “Botamos moito de menos que non houbera comunicación e se establecera un diálogo. Súmenos na impotencia. Onde quedan o asesoramento e esa cercanía co cliente da que presumen na súa publicidade? A banca electrónica non o fai todo e hai quen non sabe manexarse coas tecnoloxías. Diminúen os horarios, pechan oficinas, botan empregados, suben comisións… trátase dun grave problema que afecta tamén outros concellos”, indicou. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos