10.3 C
Santa Comba
sábado, mayo 10, 2025

Sanidade establece o nivel máximo de restricións en nove concellos galegos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

Así mesmo, tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes  concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes,  Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo,  Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. 

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 7 de agosto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos