14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Diego Calvo presenta avais e agarda “estar á altura do que esperan de min”

Diego Calvo Pouso presentou os avais de 2.025 afiliados para a súa reelección  como presidente provincial do Partido Popular da provincia da Coruña. Agradeceu as sinaturas recibidas e confiou en “estar á altura do que esperan de min”. 

Neste sentido, afirmou que todo o seu traballo, ilusión e dedicación pola que se presenta vai dirixida a “seguir facendo unha formación máis forte para afrontar os retos electorais que veñen por diante nos próximos anos”.

Calvo pensa que o congreso do 25 de setembro servirá para “escoitar as inquedanzas que lles cheguen dos afiliados de cara a reactivar o partido e configurar un proxecto ilusionante que compartan todos os concellos e todos os que desexen traballar por un mellor futuro dos seus veciños».

Os obxectivos do PP están, segundo Calvo, en recuperar o goberno da Deputación da Coruña, o das tres grandes cidades da provincia e “traballar o máximo posible desde a provincia para que o Partido Popular gañe tamén as eleccións xerais e goberne España”.

Mensaxe a BNG e PSdeG

Reivindicou a necesidade de contar cun PP máis forte e lanzou críticas a BNG e PSOE: “Temos un BNG máis radical que nunca, botado ao monte, e que está máis preocupado de promover o independentismo e a confrontación que de defender os intereses da provincia, e despois temos un PSdeG que, ademais de non ter ningún peso a nivel nacional, non dubida en acatar as ordes de Pedro Sánchez aínda que vaian en prexuízo dos galegos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos