14.5 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Declaración institucional para que o 98% dos concellos de Galicia non queden excluídos dos fondos Next Generation

Lamenta que o 98% dos municipios galegos,ao ter menos de 50.000 habitantes, queden excluídos do plan europeo de recuperación

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e os delegados da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; en Ourense, Gabriel Alén; e Pontevedra; Luis Lopez; participaron hoxe no encontro ‘Next Generation Galicia. Por un rural forte e conectado’, que contou coa presenza de máis de 50 alcaldes e representantes municipais.

Vázquez Mourelle agradeceu a colaboración dos Concellos adheridos á Declaración Institucional para demandar ao Goberno central equilibrio no reparto dos fondos en materia de mobilidade coa fin de acadar a vertebración de Galicia e a súa cohesión social.A Xunta vén compartindo o malestar co 98% dos municipios galegos, que ao ter menos de 50.000 habitantes quedan excluídos do plan europeo de recuperación.

A conselleira apelou á cogobernanza, pois os concellos e as Comunidades coñecen o territorio e as actuacións que precisan os municipios. Lamentou que o Goberno reserve para actuacións propias o 78% dos recursos europeos destinados a mobilidade, deixando só un 9% para todas as autonomías e un 13% para os municipios.Fixo fincapé que en Galicia, un país coa metade dos núcleos de poboación de España, o transporte público é chave que dá acceso aos servizos básicos a miles de cidadáns.

A este respecto, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, resaltou “a necesidade de que o rural dispoña de comunicacións e transporte que conecten cos servizos públicos e os centros de actividade”.Tamén a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, defendeu que “sen rural non hai Galicia”, pois “é necesario para preservar a natureza, loitar contra o cambio climático ou contar cunha industria agrogandeira competitiva”.

Ethel Vázquez salientou que os galegos, xa sexa na cidade, a vila ou aldea, deben ter dereito á mobilidade, ao acceso aos servizos básicos e posibilidades de emprender unha vida profesional de éxito.Puxo en valor que a Xunta, consciente das singularidades de Galicia, aposta polo transporte público con iniciativas como o autobús gratis aos menores de 21 anos, que supón un orzamento de 80 M€ anuais. 

Precisou que o Goberno galego tamén xestiona 5.500 km de estradas e para seguir mellorando esa rede nas cidades e no rural, cómpre un maior equilibrio no reparto de fondos europeos.Celebrou que o Ministerio de Transportes decida destinar fondos ‘Next Generation’ para humanizar a Avenida de Alfonso Molina na Coruña ou para facer a estación do AVE de Santiago.

«Estrada Portomouro-Santa Comba»

Non obstante, a Xunta reclama investimentos para poder impulsar, por exemplo, a conexión de Valdeorras coa estación do AVE e a A-52 na Gudiña, ou acondicionar a estrada entre Portomouro e Santa Comba.

A responsable de Infraestruturas tamén reivindicou acabar coa arbitrariedade nos prazos de execución, pois mentres o  Ministerio dispón ata 2026 para acometer as súas obras, as demais administracións deban rematalas a finais de 2024.Concluíu facendo un chamamento a “un plan de país e non dun Goberno concreto”, é dicir, “un plan ao servizo do progreso do territorio e  do benestar dos cidadáns”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos