13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Gonzalo Caballero reivindica o compromiso galeguista e federalista do PSdeG

O PSdeG conmemorará, este domingo 25 de xullo, o Día de Galicia coa tradicional ofrenda floral á estatua de Castelao en Rianxo e, ao fío desta celebración, o máximo dirixente do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou hoxe a renovación do “compromiso galeguista e federalista” dos socialistas galegos cando “traballamos en Galicia, por Galicia e para Galicia”.

“O noso compromiso é cos galegos e coas galegas”, enxalzou o dirixente socialista, logo de subliñar que “a historia do PSdeG é tamén a historia de Galicia”. E por iso, sinalou, “o galeguismo ten que seguir impregnando ao socialismo galego cara os retos de futuro” e coa vista posta en “impulsar a reactivación e a reconstrución” de Galicia “para que ninguén quede atrás”.

Ao fío disto, o líder socialista destacou o “proxecto feminista, ecoloxista, federalista e de esquerdas” do PSdeG para “protexer aos galegos e galegas”. “É o momento de reafirmar ese galeguismo pola esperanza e o futuro no noso país”, sentenciou.

Con todo, Gonzalo Caballero puxo en valor que este ano se cumpren 40 anos do Estatuto de Autonomía e reiterou que, superada a pandemia, tocará abordar “o reto de actualizar” o Estatuto de Autonomía de Galicia para así “garantir novos dereitos para os galegos e galegas do século XXI”.

“Cómpre facelo para dar compromiso e esperanza ás novas xeracións de galegos e galegas que queren vivir nun modelo actualizado ao século XXI”, sentenciou.

O acto de Rianxo contará coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e coas intervencións do catedrático de Dereito e exministro de Xustiza do goberno de España, Francisco Caamaño; da expresidenta do Parlamento de Galicia, Lola Villarino; do presidente do PSdeG e senador, Xoaquín Fernández Leiceaga; do presidente da Fegamp, Alberto Varela; da voceira de Cultura do Grupo Socialista na Cámara galega, Noa Díaz; así como da voceira socialista en Rianxo, María del Carmen Figueira.A conmemoración do Día de Galicia rematará cunha actuación do cantautor galego Luis Emilio Batallán. 

nota de prensa do PSdeG-PSOE

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos