5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Gonzalo Caballero:“Hai que dar axudas directas ao sector das festas para que poidan sobrevivir”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero mantivo unha xuntanza co presidente da asociación de Servizos de Festas de Galicia (SERFEGA), José Veiga, para tratar sobre as problemáticas que afectan ao sector.

“Hai que dar axudas directas ao sector das festas para que poidan sobrevivir porque en Galicia non podemos deixar a ninguén na cuneta”, reivindicou Gonzalo Caballero.

Para o líder dos socialistas “é necesario que a Xunta de Galicia se converta en aliado dos sectores máis afectados pola pandemia, que lles dea interlocución, axudas e posibilidades para subsistir e tamén para poder desenvolver a súa actividade sempre que existan os protocolos necesarios para combater o virus”.

Gonzalo Caballero considera que a este sector  “mentres non se lles permite ter actividade, hai que poñer fondos nas súas mans” porque “teñen que sobrevivir eles, os seus empregados e as súas familias”. “Teñen que chegar a fin de mes”, subliñou.

Engadiu que a Xunta ten unha inxente cantidade de fondos públicos” grazas a máis de 1.100 millóns de euros extraordinarios que o goberno de España transferiu aos orzamentos da Xunta de Galicia para abordar as circunstancias derivadas da pandemia.

O presidente de SERFEGA, José Veiga, censurou a falla de interlocución da Xunta de Galicia cando “non nos escoita” e tampouco “aos galegos que queren festas seguras”.

“Queremos protocolos. Prometérono, pero non o fan, e non se nos permite traballar cos protocolos do ocio nocturno”, lamentou. “A Xunta ten un protocolo antifestas”, sentenciou, criticou tamén con que a Xunta está poñendo “trabas aos concellos” para celebrar festas.

É por iso que o responsable de SERFEGA pediu á Xunta “axudas” que permitan paliar a inactividade no sector. “Vólcanse moito no Xacobeo, pero as festas están en cada recuncho de Galicia”, concluíu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos