O secretario xeral de Podemos en Galicia e portavoz de Galicia en Común emprazou á Xunta, a impulsar “unha moratoria eólica” lembrando que “Galicia xa superou o obxectivo de produción de renovables para o 2030” establecida nun 74%.
“Hai que ser moi cautelosos con esta avalancha de proxectos e parar esta ofensiva permitida pola Xunta” apuntou Antón Gómez Reino, aclarando que tamén se estaban dirixindo iniciativas “interpelando ao Ministerio”.
Entrevista Antón Gómez Reino- Desde o minuto 14
Informativos taurinos e o xabaril
Tamén se referiu á petición de Unidas Podemos de eliminar os informativos taurinos dos medios públicos:”É algo ultramontano. A xente non lle interesa. Non teñen audiencia e ademais non se pode investir cartos publicos en fomento da tauromaquia que é tamén un maltrato animal”.
Outro tema ao que fixo referencia é o da problemática do xabaril. Dixo que era unha “situación controvertida” a avogou pola “coexistencia” que permita as funcións no ecosistema do xabaril e “e non impida as actividades produtivas que son imprescindibles”.Incidiu nas competencias que ten que exercer a Xunta e declarou “Temos que protexer a biodiversidade do noso país e o lobo e o xabaril son parte desa biodiversidade”.
Yolanda Díaz, un orgullo de ministra
Sobre as enquisas favorables a Unidas Podemos en Galicia, Antón Gómez Reino opina que “estamos facendo un moi bo traballo” e tamén destacou a labor desenvolvida “por unha ministra como Yolanda Díaz que é un orgullo para todos os galegos e galegas”.Pensa ademais que a sociedade ten “unha certa sensación de que hai unha orfandade de oposición a Alberto Núñez Feijóo no Parlamento de Galicia”. Afirma que “cando Unidas Podemos está no Parlamento, está para dicir as cousas claras”.
Recalcou a necesidade de promover “políticas públicas comprometidas” e a nivel estatal de subir o salario mínimo interprofesional e derrogar a reforma laboral do PP, cualificando de “desafío” os fondos Next Generation:”Temos que invertir ben eses cartos”.O secretario xeral de Podemos en Galicia considera que a comunidade debe “exercer o autogoberno” e lamentou que “non tivemos transferencias importantes nos últimos dez anos”.