AXEGA 112-
Dous vehículos colidiron esta mañá no concello de Outes e, como consecuencia do golpe, os condutores resultaron feridos.Foi un particular quen, pasadas as once e media desta mañá, chamaba ao 112 Galicia para informar dun accidente entre dous vehículos na estrada AC-550, ao seu paso pola parroquia de Tarás, neste municipio coruñés. Na mesma comunicación sinalaba que había dúas persoas feridas.
Deseguida, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, ao GES de Muros e aos Bombeiros de Boiro.
Xa no punto, os membros do GES de Muros comunicaron ao CIAE-112 Galicia que dúas persoas foran trasladadas polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.Por último, co fin de garantir a seguridade na vía, o 112 Galicia informou tamén aos servizos de mantemento de estradas.