A Asociación Galega de Orquestras (AGO) organizou este venres unha rolda de prensa en Padrón para explicar o “abandono” que sufren por parte de concellos, Deputacións e nomeadamente da propia Xunta de Galicia.
Nesta comparencia, estaban representadas distintas orquestras de Galicia, axencias de representación e varias entidades relacionadas coas festas. A artista Tania Veiras foi a encargada de ler un manifesto onde se expón a situación actual e se trasladan as demandas.
MANIFESTO
O 26 de novembro de 2019 o parlamento galego aproba por unanimidade a proposición non de lei do Partido Popular onde se insta a Xunta de Galicia que se recoñeza a las festasparroquiais galegas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia na sua categoría de Ben de interese Cultural. Nese momento ninguén podería imaxinarse que case catro meses maistarde, o 14 de marzo de 2020, o sector das festas paralizaríase totalmente e ata o día de hoxeque sigue sin reactivarse.
Durante todo este tempo, as empresas que se dedican a traballar neste sector viron reducidos os seus ingresos na sua totalidade o tratarse dunha actividade restrinxida durante todo esteperíodo; período no el que nin o Goberno Central (ausente e sen ningunha preocupación polas festas e feiras populares), nin as Deputacións e moito menos os concellos, destinaran ningún tipo de axuda específica para este sector. Repetimos: ningún tipo de axuda específica para el sector de las festas populares.
A única axuda específica que as empresas recibiron foi por parte da Xunta de Galicia, sendo de todo insuficientes para paliar semellante desastre para as mesmas.
-Unha subvención para as orquestras que habería que xustificar o 31 de outubro de 2021. Por desgracia para as mesmas, a posibilidade de xustificar esta subvención sería traballando este verán, cousa que vemos que vai a ser extremadamente difícil a día de hoxe.
As orquestras solicitaron, por suposto, a Xunta de Galicia, que esta subvención se prorrogue ata o 31 deoutubro de 2022 para poder xustificala, sin recibir de momento ningunha garantía sobre este feito.
Tamén denunciar que neste momento aínda hai orquestras que poñendo ocorrespondente aval bancario non recibiron esa subvención. Outras puideron facelo mediantecréditos bancarios ou outras fórmulas. Dende o 14 de marzo de 2020 aínda non recibiron ningunha axuda.
-Tamén se recoñece, por parte da Xunta de Galicia, unha axuda para os traballadores do espectáculo solicitada por C.C.O.O. e AMPROEGA aquí presentes nesta mesa, insuficiente e precaria.
O 19 de xuño poñíase en marcha, por iniciativa da consellería de cultura, un programa de verbenas «piloto» na que participamos de forma activa na sua execución esperando que puidera reactivar as festas, que verdadeiramente son as propulsoras das festas en Galicia a quen deberían ir dirixidas todo tipo de axudas, especialmente no tema da execución dos
protocolos, algo que está fora do seu alcance tanto por descoñecemento e medios e que se lles desanima a facer as verbenas, pero de pouco valeu facelo xa que a día de hoxe iso segue sin pasar principalmente porque nin os Concellos, nin o protocolo animan as Comisións de Festas a organizar estes festexos tan importantes pra todos os galegos.
Os distintos protocolos anunciados polo goberno galego para as Festas Populares son muy difíciles de levar a cabo, pois supón un esforzo loxístico e económico para o cal as Comisións de Festas, garantes do patrimonio, no están preparados, e os concellos tampouco están dispostos a axudarlles nesa tarefa. A labor dos concellos e imprescindible para poder activarnos, e ata o momento prefiren seguir apostando por outros formatos distintos.Témolo difícil se a propia administración non axuda nisto.
Por outro lado, e dado as datas na que nos encontramos, o 80% das orquestras e demais empresas do sector de servizos ou vinculados as festas (carpas, cantinas, fogueteiros etc.) necesarias para a sua celebración, non poden saír a traballar o non dispoñer de actuacións confirmadas a día de hoxe, co que é practicamente imposible que poidan volver a contratar os seus traballadores nesta inquedanza, e moito menos dispor de ningún tipo de liquidez para activar a sua maquinaria despois de todo este tempo parados e sin facturar absolutamente nada.
O mesmo pasa no sector de servizos. A reactivación dun sector non é un 5% de traballo nin basta con dicir que se poden facer festas si estas non contan con axudas similares as de outros sectores para a sua reactivación. Ningún sector soportaría pechado durante dous anos…¿que empresa ou traballadores poden aguantar isto sin ningún tipo de actividade?
A Xunta fixo a promesa de que si no 2021 non se podía traballar activaría outra axuda para poder soportar todo este tempo parados, o que confire mais importancia aínda a subvención concedida e que non se poderá percibir o non haber traballo para a súa xustificación.
A Xunta vai a publicar un Convenio coas Asociacións de Orquestras Galegas na que vai a subvencionar a estas con 400.000 € para axudar a súa contratación por parte tanto de concellos como de entidades sen ánimo de lucro. Ista cantidade resulta insuficiente de todo pois de ahí teríamos que restar o 21% de IVE que volvería o goberno e case 60.000 € dos gastosdas verbenas “piloto”, pois os gastos ocasionados na organización das mesmas (Orquestras, vallas, xeneradores e seguridade) estarían imputados a este presuposto, co que realmente a cifra se sitúa arredor de 250.000 €, unha cantidade a todas luces insuficiente para reactivarnada.
Outra vez difícil o cumprimento dos obxectivos si o traballo non existe, co que seguramente ese diñeiro vai a volver o sitio de onde saira e perderase unha vez mais. Eso sin contar que para un sector que factura más de 40 millóns de € van a dar una subvención do 1%.
Tamén se pediron reunións coa Consellería de Turismo e o Xacobeo 21 para que las orquestras formasen parte da sua programación neste ano Santo, pero de momento non demostraron ningún interese en facelo, a pesar de estar sobradamente demostrado que somos un dos principais reclamos de ocio do público galego . Que as orquestras galegas, orgullo de Galicia no resto do territorio nacional e que as nosas festas, unha das principais fontes de turismo do noso país, non estean na programción de actividades do Xacobeo no momento polo que están a pasar e incomprensible por parte dos organizadores.
Ademais, creemos ca repercusión das verbenas no sector turístico galego e incuestionable e como tal ha de ser tratado, coa suficiente amplitude de miras resopecto al considerable valos intrínseco que aporta. O público galego quere as orquestras e a festa e así o demostran a menor ocasión.
Por eso, reclamamos de la Xunta de Galicia o seguinte:
-Axudas directas para as empresas do sector das festas parroquiais que non puideron traballar durante esta pandemia o haber estado prohibida a sua actividade para poder facer fronte os gastos das mesmas (alquileres, préstamos, etc.).
-O aprazamento para o 31 de outubro de 2022 da xustificación da subvención concedida ano 2020 para as orquestras.
-Un protocolo para as verbenas das festas populares similar o do ocio nocturno, as terrazas ou os centros comerciais.
-A implicación total de Concellos e Deputacións na axuda as Comisions de Festa nas labores de organización das mesmas. Ata agora so poñen impedimentos para que non puidan levarse a cabo asustando os poucos organizadores que desexan facelas. Un evento o aire libre e organizado por profesionais co el apoio dos concellos e mais seguro ca maior parte das
actividades lúdicas que se están a propoñer nestes intres.
-Que a organización de Xacobeo 21-22 teña en conta as orquestras na sua programación. Deben, e é o seu deber como garantes do patrimonio galego, velar porque estas no desaparezan do ocio da xente.
-Un aumento da subvención do Convenio que se está a negociar nestes intres para a reactivación do traballo e que se prorrogue coa misma cantidade o ano 2022.
-A edición dunha segunda fase de axudas os traballadores do sector tal e como prometeu a directora de emprego, Elena Mancha, nunha reunión mantida con AMPROEGA o pasado 14 de decembro de 2020 que os axude a paliar a situación de inactividade e polo tanto a ausencia de ingresos dende o 31 de outubro de 2020 ata a reactivación efectiva da actividade de xeito legalmente acreditable mediante pruebas estadísticas o como proceda a criterio da Xunta pero de maneira creíble e congruente. Estas axudas deben rexirse por criterios lóxicos e obxectivos, que den acceso a ditas axudas a aqueles traballadores que realmente as necesitene non deixen fora a unha porcentaxe tan alto como as concedidas con anterioridade por culpa de requisitos totalmente inadmisibles e ilóxicos.
-Ter en conta para estas axudas tamén o sector dos servizos e non basearse nos ingresos xenéricos das empresas deste sector como ata agora si non na caída de facturación sufrida polo epígrafe dedicado o que fai referencia a actividade realizadas por estas empresas nas verbenas.
As festas son patrimonio de todos. Non debemos deixar, nin por un so momento quedesaparezan e con elas o noso sentir galego, único en todo o mundo.
Apoian este Manifesto
AGO – Asociación Galega de Orquestras
ASEVEGA – Asociación de Empresarios da Verbena Galega
AMPROEGA – Asociación de Músicos Profesionais de Galicia
SERFEGA – Asociación de Servizos da Festa Galega
GO MUSIC – Oficina de Espectáculos
GAIAS EVENTOS – Oficina de espectáculos
COOGA – Cooperativa de Orquestras Galegas