5.1 C
Santa Comba
miércoles, marzo 13, 2024

Unha persoa tivo que ser trasladada tras sufrir un accidente de tráfico en Outes

Info- AXEGA 112 – Fotos- GES Muros

No 112 Galicia tívose coñecemento do sinistro, a través da chamada dun particular, ás dez da mañá. Esta persoa informaba dunha colisión entre un coche e un camión na estrada AC-550, na parroquia do Freixo de Saberdes, en Outes.

Desde o CIAE 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Muros, á Policía Local de Outes e a Protección Civil do municipio de Carnota.

Nun primeiro momento, a Policía Local informaba de que non conseguían sacar a unha persoa do interior do vehículo e que o turismo tiña risco de caer, xa que estaba subido a un muro.

Finalmente, os Bombeiros sinalaron que non tiveron que realizar manobras de excarceración, pero si foi preciso estabilizar o coche para sacar ao ocupante, que tivo que ser trasladado.

Ademais, desde o 112 tamén se informou aos servizos de mantemento da estrada para restablecer e garantir a seguridade da vía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos