10.1 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

O Castro das Barreiras, as ninfas carolinas, o lobo e o sector lácteo, protagonistas Na Encrucillada

// Tito Concheiro, Paco Bello e Francisco Javier Rodríguez Penedo falarán en Radio Xallas este xoves//

Este xoves 27 de maio, o programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas tratará sobre diversos temas. Co arqueólogo Tito Concheiro falarase da nova campaña de escavacións no Castro das Barreiras no concello de Vimianzo.

Outro convidado será o presidente da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), Paco Bello, có que Xosé Manuel Lema conversará sobre a problemática do lobo e sobre a situación do sector lácteo.

Outro protagonistas será o  avicultor e colaborador Francisco Javier Rodríguez Penedo, que nesta xornada ofrecerá un monográfico sobre unha especie moi singular e aconsellable como mascota a “Ninfa carolina”. Tamén comentará a evolución dos primeiros Coracopsis Vasa criados en Galicia, que son da súa propiedade, Toniño, Lurditas e Quiquiño.

“Na Encrucillada” emítese entre as 11 e as 13h. Pode escoitarse no 107.5 FM e tamén a través da APP Radio Garden, desde a web do concello de Santa Comba ou tamén desde Adiante Galicia  neste enlace.

No programa non faltan as noticias comarcais e a música.

ESCOITA AQUÍ RADIO XALLAS

Todos os audios compártense no Facebook do programa e tamén na Plataforma Ivoox.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos