Críticas ao goberno central:”O goberno desoe o que dí a inmensa maioría. A única opción que se ofrece é xudicializar a pandemia”.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deixou unha mensaxe na súa comparecencia:”A partir do 9 de maio imos afrontar o mesmo risco pero con peores instrumentos para afrontar a xestión a pandemia. Esta fin de semana remata o estado de alarma pero non a pandemia”.
Valorou a evolución favorable da pandemia pero advertiu que hai “incertezas” motivadas polas novas cepas e un “novo contexto xurídico”. No obviu críticas ao goberno de Pedro Sánchez:”O goberno non quixo lexislar durante catorce meses. O goberno desoe o que dí a inmensa maioría. A única opción que se ofrece é xudicializar a pandemia”.
A partir do 9 de maio non haberá toque de queda nin peches perimetrais, salvo naqueles concellos de risco extremo, e sempre co amparo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.O sábado 8 de novembro o toque de queda será as 24:00h.
A hostelería poderá abrir ata as 23,00h e os restaurantes ata a 1 da madrugada con rexistro previo, medidor de C02 e licencia de restaurante. Prohíbense as reunións de non convivintes nos domicilios entre a 1 e as 6 da madrugada.
Os concellos de Coristanco e A Laracha están no nivel alto de restriccións(servizo de hostelería só en terrazas ao 50%), Carballo no nivel medio e o resto no nivel medio-baixo.