O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou que os empresarios vinculados aos servizos das Festas de Galicia “están sendo axudados” desde o goberno galego
Cualificou de “indecente” que o PSOE “deixe tirados”, desde concellos ou Deputacións, a estes traballadores coa excusa “de que é un tema competencial cando é absolutamente falso. Aquí todos temos que axudar. Vai na obriga e na conciencia de todos os responsables públicos”.
Axudas da Xunta
Rueda Valenzuela sinalou que tivera varias xuntanzas con estes colectivos dos que dixo que deben ter “un tratamento separado” porque son distintas actividades e comentou que se destinaron más de tres millóns de euros nos plans de rescate. No primeiro plan de rescate con 356 beneficiarios do sector das orquestas, 457 das atraccións de feiras, 695 da venda ambulante e 24 de empresas pirotécnicas.E o segundo cunha cifra aínda maior de beneficiarios.
Tamén se referiu 1,1 millón de euros de axudas da Axencia Galega de Turismo e de 800.000 euros para contratación de acutacións ao Ocio Nocturno.
O Vicepresidente asegurou que “estamos cumprindo” e que están traballando para axudar a estes colectivos, con un terceiro plan de rescate e outras medidas, que tiveron que frenar a súa actividade como consecuencia da pandemia.
Fixo estas declaracións en resposta a unha pregunta no pleno do Parlamento de Galicia formulada pola deputada socialista Leticia Gallego que denuncia a falta de atención da Xunta “a un dos sectores máis golpeados, con ingresos excasos ou nulos”.
“Non entendo porque non queren reunirse con eles”!Preguntouse Gallego, que indicou que desde SERFEGA queren colaborar e demanda un protocolo específico e compensacións.Precisamente nas inmediacións do Parlamento houbo unha concentración convocada por esta entidade. O seu presidente, José Veiga, insiste en que queren ser escoitados.