6.7 C
Santa Comba
lunes, enero 20, 2025

Impulsan un programa de prevención da ludopatía

A Deputación da Coruña puxo en marcha un programa piloto de prevención da ludopatía nos centros educativos da provincia, contando coa colaboración da asociación galega de ludópatas rehabilitados(AGALURE). A iniciativa arrancou no CPI San Vicente do concello da Baña e continuará noutros municipios da provincia como Val do Dubra, Muxía, Zas, Mazaricos ou Laxe.

O secretario de AGALURE, Gerardo Rodríguez, destacou que “a prevención é invertir para non ter que gastar no futuro en tratamentos”.No punto de mira están “todos os xogos de azar”. Tanto os presenciais, como o caso de apostas deportivas, loterías ou “rascas”, como os on-line, onde as apostas deportivas teñen especial relevancia.

Entrevista Gerardo Rodríguez- Desde minuto 30

“Ten que haber un control estrito do acceso a todo xogo, tanto privado como público” comenta Rodríguez que destaca que o 57% dos mozos que xogan o fan “para conseguir diñeiro”. Ás dependencias de AGALURE “están chegando rapaces de 18 a 20 anos con débedas importantes de 10.000 ou 20.000 euros, o que é un lastre moi grande”.

Neste programa, directivos de AGALURE explican as súas vivencias persoais.”Os rapaces quedan impactados” indican desde a asociación. Informan que na actualidade esta problemática está “tendo un repunte” pero “isto vai por rachas”. Agardan que con iniciativas coma esta a cousa vaia cambiando.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos