5.9 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

«Os C.I.M. necesitan un reforzo de persoal para garantir unha atención de calidade ás usuarias”

Os Centro de Información á Muller prestan unha axuda moi importante pero tamén teñen demandas fundamentais que se manteñen.Desde a asociación ASOCIM aseguran que os C.I.M. “necesitan un reforzo de persoal para garantir unha atención de calidade ás usuarias”. É unha das peticións que trasladou a vicepresidenta da entidade, María Jesús Lourido, nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Entrevista a María Jesús Lourido- Desde minuto 22

“Hai incongruencias que hai que visibilizar e solucionar” afirmou Lourido, detallando varias delas, como o incumprimento do decreto existente e incluso das horas mínimas que “non son suficientes”.

Tamén hai casos nos que os C.I.M. “están integrados en Servizos Sociais cando teñen que estar en Igualdade” e así debe quedar reflexado nas R.P.T.(Relación de Postos de Traballo) que nalgúns casos “estanse negociando” na actualidade.Outro tema son os contratos “na maioría dos casos son traballos precarios, contratos de obras e servizos”.

María Jesús Lourido lembrou que prestan un servizo “declarado como esencial”. A pandemia impediu que moitas usuarias acudiran os centros “e houbo un incremento brutal de solicitudes de información” a través do 016.

“Houbo situacións larvadas que se viron agravadas no confinamento e decidiron dar un paso adiante con interposición de denuncias” sinalou.

Pensa que aínda se debe de facer unha función de dar a coñecer os servizos dos C.I.M., porque sempre pode haber sectores da poboación que non coñecen a súa dinámica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos