12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Varios ríos baixo vixianza por risco de inundacións

Foto- arquivo

Información-AXEGA 112

As constantes borrascas rexistradas na comunidade galega nos últimos días son a causa pola cal a Xunta mantén activo o Plan Especial de Risco por Inundación ante a suba do caudal nalgúns ríos.

Actualmente, os leitos que están baixo vixilancia son os Landro, en Viveiro; Mera, en Ortigueira; do Ouro, ao seu paso por Foz;  Xubia, na localidade de San Sadurniño; Mendo, en Betanzos; Mero_A Telva, en Cambre; Xallas, Santa Comba; Tambre, ao paso por Oroso; Dubra_Tambre, en Val do Dubra; Furelos, no Santiso e Miñor, á altura de Gondomar. 

Segundo a información recibida a través dos sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos caudais, polo que poden producirse  enchentes puntuais.

Así mesmo, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foi informado da situación doutros cursos fluviais, como a do río Maior en Bergondo, a do Sar en Rois, en Fene  a do río Cádavo e a do río Valga no seu concello homónimo.

Con todo, para controlar os leitos máis afectados polas crecidas, diversas agrupacións de Protección Civil puxeron en marcha distintos operativos para comprobar a situación e revisar as zonas máis afectadas.

Unha vez máis, volvemos a recordar á poboación a necesidade de incrementar a precaución, principalmente nas estradas e vías secundarias próximas de pontes ou torrentes pois a suba repentina do caudal pode provocar dificultades na circulación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos