14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Antón Sánchez:”Hai sentenzas que dan a razón ás xentes que loitan contra o saqueo do territorio”

O portavoz nacional de Anova, está convencido que as sentenzas de Mondoñedo e da Serra do Iribio “son claras e contundentes” e demostran que a razón está ao carón das xentes que loitan contra o saqueo do territorio”.

A Antón Sánchez García parécelle un “escándalo” que a Xunta “siga aplicando as mesmas medidas e permitindo estratexias para burlar unha correcta avalización ambiental”.

Fragmentación en Campelo, Bustelo e Monte Toural e información privilexiada de Greenalia

Refírese aos proxectos  do Campelo, Bustelo e Monte Toural “onde hai unha fragmentación artificial, xa que con un único parque, con único promotor e a mesma liña de evacuación”. Pídelle a Xunta que “defenda o interese xeral e non o das empresas amigas”.

Lembrou que detrás destas iniciativas eólicas está Greenalia “onde traballa a ex-conselleira de Medio Ambiente(Beatriz Mato)” a que acusou de “favorecer a esta empresas coas súas decisións e utilizar información privilexiada para facer negocio”. Tamén citou o impacto paisaxístico que afecta o das Salgueiras, no concello de Ponteceso.Sánchez lamentou que se use a enerxía eólica “para beneficiar a uns poucos” e non “para axudar á xente e fixar poboación”.

Entrevista a Antón Sánchez desde o minuto 30

Nunha recente entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas falou ademais dos fondos de reconstrución e denunciou que a xestión dos mesmos “está sendo opaca, pouco transparente e a xente non está podendo nin opinar”.

Incidiu que os fondos “veñen condicionados as reformas que pagaremos todos” e que  os proxectos “estanse cociñando de costas á cidadanía” cun “comité de expertos sen representación dos traballadores”.

A queixa de Anova baséase que desde a Xunta “non fan públicos cales son os proxectos que se van a presentar e demandamos poder opinar para que se priorice a loita contra o desemprego, a sanidade, ou a agricultura sustentable”. Tamén critican a actitude “centralizadora” do goberno do estado con respecto a estas axudas económicas que marcarán o futuro do país.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos