Desde Adiante Galicia desexamos que este 2021 veña cheo de noticias positivas. Que non falte a saúde e que os vosos soños se cumpran.
Aproveitamos para agradecer a vosa confianza, porque desde que iniciamos esta singradura xornalística en 2014, este foi o noso mellor ano en audiencia, e en varios meses batimos os nosos propios récords de visitas. Grazas aos patrocinadores, axencias de comunicación e empresas que confían en nós.
Colaboradores habituais de prestixio
E tamén aos nosos colaboradores habituais durante este 2020 como foron Rafael Lema, José Manuel Palacín, Juan Gabriel Satti, Gabriel Cernadas(Crónica Marítima), Álvaro Rodríguez, Francisco Martínez, Cristóbal Mourín, e ós que nos apoian desde o seu voluntario anonimato.
Grazas a tod@s as persoas que comparten as nosas noticias nas redes sociais, que nos envían informacións, etc….
Rematamos 2020 coa satisfacción de seguir crecendo, e coa convicción de sermos unha ferramenta útil e de estar facendo un traballo honesto e plural.
Adiante Galicia segue informando. E como empresa continuamos mantendo a nosa cabeceira Crónica Marítima, que despois dunha fase inicial no 2021 dará pasos importantes, e a nosa canle de Youtube Adiante TV (séguenos desde aquí), que en poucos meses de vida xa acumula milleiros de visualizacións. Tamén seguimos activos en Facebook, Twitter e Instagram.
Hoxe brindaremos, moi agradecidos, por todos vós que formades parte da familia de Adiante Galicia, honraremos aos que viven nas nosas memorias, e comendo as uvas da sorte, pediremos por un futuro mellor, e por unha pandemia que se convirta canto antes nunha lembranza.