6 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O mellor ano en audiencia nun contexto de crise sanitaria

Desde Adiante Galicia desexamos que este 2021 veña cheo de noticias positivas. Que non falte a saúde e que os vosos soños se cumpran.

Aproveitamos para agradecer a vosa confianza, porque desde que iniciamos esta singradura xornalística en 2014, este foi o noso mellor ano en audiencia, e en varios meses batimos os nosos propios récords de visitas. Grazas aos  patrocinadores, axencias de comunicación e empresas que confían en nós.

Colaboradores habituais de prestixio

E tamén aos nosos colaboradores habituais durante este 2020 como foron Rafael Lema, José Manuel Palacín, Juan Gabriel Satti, Gabriel Cernadas(Crónica Marítima), Álvaro Rodríguez, Francisco Martínez, Cristóbal Mourín, e ós que nos apoian desde o seu voluntario anonimato.
Grazas a tod@s as persoas que comparten as nosas noticias nas redes sociais, que nos envían informacións, etc….

Rematamos 2020 coa satisfacción de seguir crecendo, e coa convicción de sermos unha ferramenta útil e de estar facendo un traballo honesto e plural.

Adiante Galicia segue informando. E como empresa continuamos mantendo a nosa cabeceira Crónica Marítima, que despois dunha fase inicial no 2021 dará pasos importantes, e a nosa canle de Youtube Adiante TV (séguenos desde aquí), que en poucos meses de vida xa acumula milleiros de visualizacións. Tamén seguimos activos en Facebook, Twitter e Instagram.

Hoxe brindaremos, moi agradecidos, por todos vós que formades parte da familia de Adiante Galicia, honraremos aos que viven nas nosas memorias, e comendo as uvas da sorte, pediremos por un futuro mellor, e por unha pandemia que se convirta canto antes nunha lembranza.

Feliz 2021 e Adiante !!!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos