5.5 C
Santa Comba
sábado, diciembre 3, 2022

O Partido Galego iniciou a súa singradura para “ir dicindo as verdades do país”

En Melide presentouse o Partido Galego:“Imos ir dicindo as verdades do país” afirmou o primeiro presidente da formación, o ourensán Xosé Mosquera, que propuxo mirar cara Europa, “escoitar a sociedade” e “ter unha capacidade de diálogo moi grande”.

Comisión permanente do Partido Galego

Nesta formación hai moitas persoas que estiveron vencelladas a Compromiso por Galicia. Como é  o caso de Mosquera ou de Suso Ares, que está ao frente da área de coordinación.  Xunto con Mosquera e Ares conforman a comisión permanente: Maximino Vázquez Salvado(portavoz), Óscar Casais Montemuiño(organización), Montse Almozara Cordeiro(finanzas), Xabier Vázquez García(municipal), José Antonio Díaz Rodríguez(empresas), Paula María Rey Gómez(autónomos), Anxo Franco Vidal(emprego), Rubén Vilasenín Iglesias(Medio ambiente), Cristina Barcia Barcia(comunicación), Xabier Pintos Pena(medio rural), Xabier Fontaíña Falque( web e deseño).

No acto non faltou un saúdo de Xosé Antón López ou a intervención do xalleiro Manuel Durán Gómez que adicou un poema a este novo partido. “Loitaremos todos xuntos para ter unha mellor vida” dixo.Tamén interviron Suso Ares, Maximino Vázquez, José Antonio Díaz e Rubén Vilasenín.

Implantación do Partido Galego

O Partido Galego conta cunha xunta xestora con representantes das comarcas de Xallas, Bergantiños, Barbanza, Compostela, Sar, Terra do Queixo(Arzúa-Melide), Lugo e Ourense.

Segundo indican desde o partido é “unha forza política situada no espazo do galeguismo, da moderación, e no equilibrio medioambiental.O seu espazo é o centro transversal con políticas con esencia galeguista e de potencialidade galega no mundo, do que forman parte persoas con ampla experiencia política”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
507SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos