O portavoz de Galicia en Común e secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino respondeu ás críticas do deputado Néstor Rego no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas.
“É triste ver que o BNG é a única forza progresista que se vai a situar fóra do conxunto de forzas progresistas, e tamén soberanistas e nacionalistas, do arco parlamentario” sinalou Gómez Reino.
O deputado considera “absolutamente incomprensible” a postura de BNG con respecto aos orzamentos, que “vai a facer que o BNG sexa irrelevante no que ten que ver coa gobernabilidade do estado”.
Lembrou que estes orzamentos recollen “demandas históricas” defendidas polo propio BNG como as bonificacións da AP-9.En breve partillaremos o audio coa entrevista a Gómez Reino e unha crónica co seu balance dos orzamentos e de varias cuestións da actualidade.