7.5 C
Santa Comba
sábado, enero 10, 2026

Néstor Rego:”As emendas do BNG son unha radiografía das necesidades de Galiza”

O deputado nacionalista Néstor Rego afirma que o goberno deberá “corrixir o trato discriminatorio con Galiza”, porque pola contra PSOE e Podemos “cometerían un erro moi grave e terán que dar explicacións”.

As contas actuais non convencen a Rego:“É un orzamento expansivo que aumenta en moitos aspectos pero que no caso de Galiza baixa un 11% con respecto aos de Montoro que xa eran malos”.

Para o deputado estamos diante dunha “Discriminación inaceptable” que se debe subsanar aceptando as emendas que propón o BNG e que son “unha radiografía das necesidades de Galiza”. Pensan que como mínimo hai que destinar a nosa terra uns 1.000 millóns de euros.

Entrevista a Néstor Rego- desde o minuto 30

En declaracións ao programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Néstor Rego puxo en evidencia a postura do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero que en relación ós orzamentos anteriores afirmaba que eran “unha labazada do PP a todos os galegos e agora con 104 millóns menos parécenlle estupendos”. Lamentou esa actitude de estar “ao que lle mandan desde a dirección de Madrid”.

Con respecto as emendas do BNG referiuse a modernización das liñas ferroviarias ou a rexeneración das rías, como é o caso da ría de Corcubión na que se demanda un investimento duns tres millóns de euros para a limpeza dos fondos mariños. Por poñer dous exemplos.

Fixo tamén referencia aos acordos acadados co goberno e advertiu que “Os acordos hai que cumprilos, e non hai un acordo co BNG. É un compromiso con todos os galegos e galegas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos