13.6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Advirten do risco de colapso no Servizo de Axuda no Fogar

Cando rebentan os traballadores, corre o risco de que o servizo tamén rebente, e isto está pasando.Hai risco de que axuda a domicilio colapse. Non queremos que suceda iso pero non podemos estar tirando do carro nós soas”.

Esta foi a reflexión de Patricia Fernández, que forma parte da comisión do S.A.F. do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia(COTSG), no programa radiofónico “Na Encrucillada”. Aquí podes escoitar a entrevista completa a partir do minuto30.

Desde o COTSG reclámanlle á Xunta un protocolo ante a “grave situación” na que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar(SAF).”Non se cumpren os ratios, nin os contratos. Por exemplo, un coordinador ten o teléfono 24 horas dispoñible pero non lle paga ese plus” explica Fernández, afirmando que durante toda a pandemia “estivemos totalmente desprotexidas”.

Fala de falta de material e de medios de seguridade, de falta de epis, excasez de guantes, nunha situación complexa para as persoas auxiliares, que están na primeira liña, e que “desde marzo non fixeron PCR en ningún momento, salvo nalgúns concellos”.

Debuxou situacións con persoal de baixa pola grande carga de stress ou situación de “agresións a auxiliares” que se solucionan cun cambio de profesional.

Considera que “A Xunta non axudou e as empresas tampouco”.E ademais non se priorizaron recursos:”Seguimos mandando xente a limpar casas en plena pandemia”, indicou Patricia Fernández, que está convencida que “Un SAF mellor é posible” sempre que se adopten medidas acertadas.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos