7335 fans     1645 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Novas medidas en sesenta concellos desde este venres

Actualidade | Publicada: 04/11/2020

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 15 segundos.

ACTUALIZACIÓN- AS MEDIDAS ENTRAN FINALMENTE EN VIGOR O SÁBADO ÁS 00:00

O 60% da poboación galega estará afectada polas novas medidas que entrarán en vigor este venres, a partir das 15,00h, e estarán operativas durante un mes.

Deste xeito, as cidades e zonas que terán maior restricións serán: A Coruña, xunto con Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros; o concello de Lugo en solitario; Santiago con Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra; Ferrol, con Ares, Fene, Neda, Narón e Mugardos; Ourense, con Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao e Toén; Pontevedra, con Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior; Vigo con Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela.

A maiores, tamén terán as mesmas restricións os concellos con taxa de incidencia acumulada a 14 días superior a 200 casos por 100.000 habitantes, e tendencia ascendente na notificación dos mesmos: Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.Así, en todas estas zonas, estarán permitidos o 100% dos movementos para ir a traballar, á escola, a atender coidados necesarios de menores e maiores, e todos os movementos sanitarios. E o comercio funcionará cos mesmos criterios do resto de Galicia.

Os establecementos de hostalaría e de ocio non son transmisores do virus, sómolo as persoas. Eses establecementos son vítimas do virus. Pido sensibilidade para facer unha axuda máis intensa a este sector ao que lle prohibimos traballar e ao que non lle damos outra alternativa

Así mesmo, pechará a hostalaría, agás o servizo a domicilio e para recollida que si se poderá ofrecer; a práctica deportiva quedará restrinxida a deporte individual; e reducirase o aforo en establecementos culturais, que con esas limitacións poderán seguir funcionando –cines, teatros, auditorios, e outros recintos de público sentado poderán ocupar o 50% de cada sala, cun límite de 30 persoas en interior e 75 en exterior–.

Haberá tamén restricións de mobilidade, é dicir, non se poderá entrar nin saír destas áreas, agás por razóns laborais e actividades esenciais.

Novas medidas para toda Galicia

Ademais das restricións nestas zonas, o presidente da Xunta avanzou a implantación doutras medidas que afectarán a toda Galicia, como son: a limitación das saídas de usuarios fóra das residencias, preservando de momento as visitas dos familiares nas condicións de distanciamento e hixiene establecidas desde hai meses; e o incremento das limitacións de aforo en grandes establecementos comerciais, de xeito que nas zonas comúns só poderá ocuparse un terzo do máximo –nas tendas, continúa o aforo do 50 % como ata agora–.

“En toda Galicia, redúcese o aforo no transporte público non escolar: o transporte urbano contará cun máximo do 50% dos asentos; e o transporte interurbano co 50%”, avanzou, subliñando que o transporte escolar queda garantido, toda vez que os asentos están asignados desde o principio de curso.

“Estas son as medidas que nos dita o comité clínico e que imos aplicar polo ben común dos galegos”, dixo, incidindo en que o que toca para tentar conter e, se é posible, reverter a evolución da pandemia, é seguir redobrando os coidados, a precaución, a alerta e tamén seguir insistindo nas restricións.

“Toca ampliar as limitacións pola nosa saúde e pola saúde dos nosos. Pero tamén toca facelo pola economía, porque canto máis se tarde en actuar, máis difícil e longa será a contención e máis profunda, por tanto, a afectación económica”, abundou.

Sobre este último punto, anunciouno Consello da Xunta, o Goberno galego avaliará novas medidas de apoio ao sector da hostalaría e aos seus traballadores, que son “os que máis afectados se ven polas limitacións”.

O presidente do Executivo galego concluíu agradecendo unha vez máis aos galegos a súa responsabilidade, amosada desde o primeiro momento da pandemia.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

García Cotelo:“Non pode seguir gobernando con dous apoios. O Sr. Lois acabouse políticamente”

O portavoz do Partido Popular de Ponteceso reitera a súa mensaxe de que “o alcalde incumpriu o R.O.M.(regulamento org…

Ler máis
Buscando el tesoro del Castro de Dor

Buscando el tesoro del Castro de Dor

Del “Río das Meigas” al “Castro de Dor”. Todo sin salir de la parroquia de Ponte do Porto. Con Rafael Lema, aut…

Ler máis
O PSOE advirte que o pleno deste luns é ilegal:”O alcalde non pode cambiar os plenos ao seu antoxo”

Os edís do Partido Socialista decidiron non asistir ao pleno ordinario convocado para este luns, e que debía de celebr…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Autos Xallas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

En el

En el "Castro de Dor" con Rafael Lema

"Río das Meigas"

Luis Rubiales en Santa Comba

Luis Rubiales en Santa Comba

Luis Rubiales se compromete a asistir a la Copa da Costa

Los amos del progresismo

Álvaro Rodríguez

El grupo PRISA  es el medio de comunicación  “progresista” de España. Desde él se defiende la visión denominada vulgarmente  “socialista…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

El Despotismo del Siglo XXI, ni divino, ni ilustrado

José Manuel Palacín Y Rodríguez

El XVIII es el denominado Siglo de las Luces. Existe una concomitancia entre los historiadores al considerarlo como la más próspera de las centurias…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Políticos mediocres, dirigentes excelentes

Álvaro Rodríguez

El miedo se ha instalado,  como querían que sucediera, en la sociedad.  La sensación de pesimismo y derrota de la sociedad es evidente.  Y los an…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
Novas medidas en sesenta concellos desde este venres | Actualidade | Adiante Galicia