9.1 C
Santa Comba
jueves, diciembre 8, 2022

Antón Sánchez:“Están a quitarnos das mans o recurso do vento”

O portavoz nacional de Anova demanda un “plan sectorial eólico adaptado” ao noso territorio e que se “democratice” para que “a propia xente poida actuar e decidir e que os beneficios repercutan na cidadanía”.

Para Antón Sánchez, hai que superar “o modelo do espolio” que “usa as leis para beneficiar a catro empresas” e evitar que se execute “a intención do goberno galego de utilizar os fondos de reconstrucción” para os proxectos eólicos abandeirados por estes grupos inversores.“Están a quitarnos das mans o recurso do vento, cunha falta de respecto aos cidadáns” sinalou.

Entrevista a Antón Sánchez-Minuto 24

Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”, criticou o papel da Xunta de “mamporreiro das grandes industrias” e de favorecer o “capitalismo de amiguetes” e advertiu dos diversos proxectos que se impulsan nun territorio moi apetecible como é a Costa da Morte:”Esta será unha das principais loitas que teremos nos vindeiros meses”.

Tamén se referiu á problemática da minería, e denunciou que a Dirección Xeral de Enerxía e Minas era “un instrumento para dificultar a información á xente”.

Antón Sánchez puxo de relevo que “non hai ningún plan sectorial que regule a actividade mineira”, sendo a “única política mineira que hai en Galicia a que fan as empresas”. Para o líder de Anova “o mercado especulativo non pode dirixir a política extractiva”.

Referiuse a casos como os que se están vivindo en Santa Comba con “irregularidades nos sondeos”, sen un control da actividade que está desenvolvendo unha empresa e onde os veciños están desenvolvendo o papel que debería ter a propia administración.

Sánchez García aludiu a actualidade de Anova, despois do recente fracaso electoral:”Temos que comezar a traballar no seo da sociedade, nunha nova etapa, aprendendo dos erros e insistindo no que consideramos que estabamos acertados”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,789SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos