Info- AXEGA 112 – Foto- GES MUROS
Unha persoa resultou ferida en Muros despois de saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola rúa da Virxe do Camiño, na localidade coruñesa de Muros.
Foi necesaria a intervención dos membros do GES da localidade para liberar á persoa, posto que, o vehículo envorcou sobre un lateral deixando ao ferido atrapado no seu interior.
Ao fío das 22:30 horas da pasada noite, un particular chamou ao 112 Galicia para informar do accidente. Indicaba que un coche saírase da vía e envorcara, ademais, advertía da posibilidade de persoas atrapadas no seu interior.
Así, desde o 112 Galicia informouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, ao GES de Muros e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Os membros do GES confirmaron que, tras ser liberado, o ferido foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ao Hospital de Virxe da Xunqueira de Cee.