3.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 9, 2024

Beatriz Guiance:”Acouga naceu como unha ferramenta para defender a persoas afectadas polas preferentes”

Escoita a entrevista con Beatriz Guiance a partir do minuto 53

A asociación de consumidores e usuarios de Galicia(ACOUGA) naceu froito da “necesidade de ter unha ferramenta para defendernos e recuperar os cartos” dun grupo de persoas afectadas polas “preferentes”.

Así o conta a vocal de comunicación da entidade, Beatriz Guiance:”Fomos os primeiros en facer unha demanda colectiva contra un banco”.
 Nunha situación de indefensión ante “un roubo” había que ter algo máis “ca unha plataforma de afectados que fixera ruído “ xa que “a única vía posible era a xudicial”. Hoxendía ACOUGA segue defendendo a moitas persoas. A única fonte de financiación son as cotas dos asociados.

“Hai moita xente á que se lle está facendo un desprezo desde arriba”, comenta Guiance, que fala de accións exitosas como a demanda colectiva polas “cláusulas chan” contra ABANCA , ou de de múltiples frontes abertas desde a entidade en defensa dos usuarios como abusos de compañías eléctricas ou telefónicas.

Considera fundamental o asesoramento porque aínda “a día de hoxe hai xente que ten sen recuperar as preferentes”. Froito da pandemia ás oficinas de ACOUGA chegan novas consultas relacionadas con eivas nas hipotecas, cancelacións de viaxes ou incluso sobre os ERTE.

Beatriz Guiance explica que a asociación conta cunha rede de avogados colaboradores en distintos puntos de Galicia, ademais do equipo que traballa no local de Bergondo(981.11.34.02). Teñen unah web www.acouga.net, onde se pode obter máis información.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos