9.2 C
Santa Comba
lunes, abril 28, 2025

O BNG celebra o Día da Patria Galega con actos nas cidades e unha manifestación en Compostela

O Bloque segue festexando o Día da Patria Galega como é tradición. Unha xornada que chega precedida polos estupendos resultados electorais pero tamén pola crise sanitaria que obriga a adaptar as actividades á nova situación.

Por este motivo haberá un acto político e unha manifestación en Santiago de Compostela, pero tamén en Ourense, Pontevedra, Lugo,A Coruña,  Vigo e Ferrol.

As 12,45 desde as distintas cidades conectarase co acto que se desenvolverá en Compostela, e que será retransmitido por Facebook.

Segundo o secretario de comunicación nacionalista, Xavier Campos:”Concibimos o Día da Patria dunha maneira inclusiva non só da militancia do Bloque ou das persoas que se senten nacionalistas, porque este é o día da nación que compartimos e neste sentido é unha celebración dirixida a todos os galegos e a todas as galegas na súa diversidade e pluralidade, sexan ou non nacionalistas, votasen ou non polo BNG o pasado 12 de xullo. É o día que nos une o amor que temos polo noso país, para poñer en valor a nosa identidade e a vontade de garantir unha Galiza con futuro”.

Este é o calendario de actos previstos.

COMPOSTELA

12.00 horas: manifestación con saída dende a Alameda. Remate na praza da Quintana con acto político, coas intervencións de:

Iria Carreira, deputada electa.

Paulo Ríos, secretario xeral de Galiza Nova e deputado electo.

Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG.

A CORUÑA

12.00 horas: Acto político nos xardíns de Méndez Núñez, coas intervencións de:

Román Blanco (responsábel comarcal de Galiza Nova)

Francisco Jorquera, concelleiro na Coruña.

Daniel Pérez, deputado electo.

Mercedes Queixas, deputada electa.

FERROL

12.00 horas: Acto político no Cantón de Molíns, coas intervencións de:

Iván Rivas, concelleiro en Ferrol.

Xiana González, activista no movemento feminista.

“Mon” Fernández, deputado electo.

PONTEVEDRA

12.00 horas: Acto político no parque Rosalía de Castro, coas intervencións de:

Marta Gómez, responsábel comarcal de Galiza Nova.

Míriam Ferradáns, poeta.

Montse Prado, deputada electa.

Luís Bará, deputado electo.

VIGO

12.00 horas: Acto político na praza da Estrela, coas intervencións de:

Brais Ruanova, responsábel comarcal de Galiza Nova.

Xavier P. Igrexas, concelleiro en Vigo.

Carmela González, deputada electa.

Alexandra Fernández, deputada electa.

LUGO

12.00 horas: Acto político na praza Maior, coas intervencións de:

Iago Suárez, representante de Galiza Nova.

Rubén Arroxo, concelleiro en Lugo.

Olalla Rodil, deputada electa.

OURENSE

12.00 horas: Acto político no parque Barbaña, coas intervencións de:

Stella, representante de Galiza Nova.

Luís Seara, concelleiro en Ourense.

Noa Presas, deputada electa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos