11.5 C
Santa Comba
martes, abril 23, 2024

“O que vai pola rúa sen mascarilla está xogando á ruleta rusa e pode ter un disgusto”

O médico epidemiólogo, Pachi Vázquez, insiste moito en que non podemos baixar a garda contra o coronavirus.”O virus deixou de circular ao estar confinados pero volveu. Onde hai virus e contacto hai contaxio”.

Por iso afirma:“o goberno equivócase cando fala de normalidade, a situación é totalmenrte anormal”. E aínda que considera que as autoridades suavizaron as mensaxes “non podemos relaxarnos”.

Entrevista a Pachi Vázquez desde o minuto 32

“Confianza cero e medidas de autoprotección”

Pide “confianza cero e medidas de autoprotección”. Imprescindible a hixiene e a mascarilla:“O que vai pola rúa sen mascarilla é xogando á ruleta rusa e pode ter un disgusto”. Se levas mascarilla córtaselle a circulación ao virus”.

Achega un dato:”Unha de cada dúas persoas non sabe que está enferma e é un portador asintomático”. Lembra que “os brotes están sendo familiares” e polo tanto é aconsellable evitar os espazos pechados na medida do posible, xa que o Covid-19 “segue sendo moi dañino” e cómpre “facer educación sanitaria e pedagoxía, e dicir sempre a verdade”.

Pachi Vázquez recoñece que a cousa “non pinta ben”xa que de momento, polo que se coñece, o coronavirus “non está mutando para ben”. E non oculta a preocupación porque este virus sexa de «tranmisión comunitaria», o que supón un risco maior evidente.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos