14.2 C
Santa Comba
viernes, octubre 4, 2024

Incendio en Berdoias

aCTUALIZACIÓN XOVES 16 DE XULLO

ACTUALIZACIÓN da superficie afectada polo #IFBerdoiasVimianzo: 25,64 ha, das cales 20 son de monte arborado e o resto de raso. Permanece CONTROLADO.
 

19:35 –

O lumes de Berdoias – Vimianzo está estabilizado.  Segundo novas estimacións, a superficie afectada provisional é dunhas 30 hectáreas.

VIDEO #AdianteTV

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias. O incendio comezou ás 15,47 h. desta tarde e permanece activo arestora.

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas. No seu control levan traballado 4 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

ACTIVO un lume no concello coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias, que segundo as primeiras estimacións rolda as 20 hectáreas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos