4.9 C
Santa Comba
jueves, diciembre 19, 2024

Galicia Vota: Eleccións Autonómicas 2020

20:10H- 

ENCUESTAS CRTVG E ABC

19:00h-

As 20,00h péchanse os colexios electorais e coñeceremos un par de enquisas mentras agardamos xa polos resultados electorais 

#seguimosinformando #adianteeleccións #12X. Segue os resultados desde a nosa web www.adiantegalicia.es, desde o noso Facebook ou desde a nosa de Twitter @AdianteGalicia

17:57-O candidato de Vox pola provincia da Coruña, Ricardo Morado, votou en Narón. Estivo acompañado polo secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith.

17:41-Segundo Avance-A participación chega 42,95%. Son datos lixeiramente superiores aos de 2016 (+ 0,55%). Datos co 99,31% das mesas comunicadas.

15:25-

A candidata de Ciudadanos, Beatriz Pino, votou e pediu que a xente participara “nun día moi importante para Galicia”.

13:51-

Alberto Núñez Feijóo votou en Vigo. Desde alí fixo un chamamento a participación e pediu unha mensaxe clara do pobo a través das urnas, para ter estabilidade «no momento de maior dificultade dos últimos corenta anos». Segundo Feijóo «canto máis nitida sexa a decisión, máis claro será o mandato».

13,03-O candidato  de Galicia en Común, Antón Gómez Reino votou na Cidade Vella da Coruña e solicitou unha mobilización democrática que rache co pasado.

12:49-

O candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero exerceu o seu dereito ao voto e fixo un chamamento á participación “Hoxe, non vos quededes na casa, votade en liberdade polo futuro da Galicia que queredes. A participación é fundamental en democracia”.

12,43-Primeiro Avance- 

Participación na comarca de Soneira.

Vimianzo(18,37%), Zas (18,45%) e Camariñas(17,79).

Comarca de Fisterra

Dumbría(16,50%)Fisterra(16,60%),Corcubión(23,73%), Cee(18,32%), Muxía(21,70%)

Bergantiños-

A Laracha(20,94%), Cabana(17,48), Carballo(18,75), Coristanco(20,18), Laxe(19,23%), Malpica(20,48), 

12,33-

Comarca de Xallas-Primeiro Avance A participación en Santa Comba supera a media galega(19,24%) cun 19,37% de votantes, e cun porcentaxe maior a 2016(16,79%).En Mazaricos votou un 18%(en 2016 14,48%)

12:21- PRIMEIRO AVANCE

Case un 20% dos electores acudiron a súa cita coas urnas

Un 19,24% dos electores que conforman o censo electoral xa emitiron o seu voto neste domingo 12 de xullo, superando en máis de catro puntos ao primeiro avance de fai catro anos (15,01%), que se fixo unha hora despois(13,00)

PRIMEIRO AVANCE 12 mediodía

Galicia  19,24 % – 15,01 %

A Coruña 18,66%- 14,70%
Lugo  18.12% – 15,20 %
Ourense 21.36% – 21,31%
Pontevedra 19,67-18,24%

Participación 2020 e participación 2016

11,22

O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, confirmou que todas as mesas están operativas aínda que houbo algún retraso. A xornada transcorre con «total normalidade». Podes seguir informándote en www.adiantegalicia.es

11,17-

Votou o candidato da @MGaleguista coa «convicción de que para reconstruírmos o país precisamos de todas e todos». Seguimos en www.adiantegalicia.es

11:00-

Imaxe que nos chega desde A Coruña- Colexio Liceo La Paz-Matogrande. Colas para votar, con seguridade e fluidez para cumprir co dereito democrático. Se queres mandarnos a túa foto o noso Whatsapp é  693287749

10,50-

Ana Pontón en Twitter: «Votei con ilusión, por construír a Galiza que queremos e coa convicción de que temos todo por gañar . Está en xogo o futuro, que non falte ningún voto. Fagamos historia»

10:28

A candidata do BNG Ana Pontón foi a máis madrugadora en depositar o seu voto. Fíxoo en Santiago de Compostela cun chamamento á participación electoral para «facer historia» nun momento decisivo para Galicia. Tamén lamentou que que haxa galegos que hoxe non podan votar.

10:20

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia e candidato 6 pola provincia da Coruña xa votou.

10:00h-

9:55- Constituídas o 99,87% dos ecolexios electorais de Galicia. Imaxe colexio electoral de Freixeiro-Santa Comba

Benvid@s a este especial sobre as eleccións en Adiante Galicia. Neste artigo iremos actualizando toa a información que se vaia producindo ao logno da xornada. Se queres enviarnos fotos do teu colexio electoral, comentarios, informacións ou contactar connosco o noso Whatsapp é (Só Whatsapp) 693.28.7749.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos