7.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Beatriz Pino:“Apoiamos as prórrogas do Estado de Alarma por responsabilidade mentras PP e BNG estaban de brazos cruzados”

Audio coa entrevista a Beatriz Pino-Ciudadanos

A candidata de Ciudadanos, Beatriz Pino, pediu unha oportunidade aos electores, para poder promover “un cambio laranxa” e estar no goberno da Xunta, para achegar “modernidade e capacidade de diálogo e consenso”.

Para Pino “un goberno de esquerdas sería o peor escenario posible para Galicia”. Lembrou o bipartido de PsdeG e BNG que deixou “arcas saqueadas e desgoberno”·

A responsabilidade de Ciudadanos

Pediu que o vindeiro domingo 12 de xullo se “vote sen medo” e asegurou ter “sensacións positivas” porque “a xente transmítenos confianza”.

Puxo en valor a actuación de Ciudadanos durante a crise sanitaria:”Apoiamos as prórrogas do Estado de Alarma por responsabilidade e para conseguir cousas boas mentras PP e BNG estaban de brazos cruzados”.

Acabar coa fenda dixital no mundo rural

Tamén defendeu a necesidade de “acabar coa fenda dixital” e axudas para os emprendendores no medio rural. “Somos o partido dos autónomos e das familias” engadiu a candidata, que ten claro que “a clase media non pode volver a pagar os pratos rotos dunha crise”.

Beatriz Pino comentou que se entra no goberno da Xunta  gustaríalle que a primeira foto fora de tódolos grupos políticos reunidos para artellar medidas para a reconstrucción económica de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos