12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Diego Calvo:”O mellor presidente que podemos ter neste momento os galegos é Feijóo”

Audio- Entrevista Diego Calvo

O presidente provincial do Partido Popular e “número dous” da candidatura pola provincia defendeu a xestión do goberno Feijóo en materia sanitaria coa “redución dos tempos de espera en operacións e consultas” o co feito de que “8 de cada 10 cidadáns teñen un centro de saúde ou un hospital novo ou reformado desde que ós chegamos”.

Diego Calvo engadiu que as urxencias multiplicáronse por catro e na pandemia “a sanidade galega respostou mellor que outras comunidades”.
Sobre a Costa da Morte, lembrou a actuación na autovía da Costa da Morte e que na actualidade “xa estamos as portas de Vimianzo”, investimentos no hospital de Cee, ou a redución de prezos nas parcelas do Polígono de Carballo.

Referiuse ao medio rural e aos “impostos cero” ou a creación da axencia de industrias forestais ou a de calidade alimentaria. “Pretendemos dar oportunidades á xente nova” dixo Calvo. Indicou que o 10% das explotacións gandeiras están en mans de persoas menores de 30 anos, lembrando as axudas que promove a Xunta neste eido.

O representante popular criticou a postura dos alcaldes da Costa da Morte con respecto a Lei de Cambio Climático:”Os alcaldes calaron a boca e foron cómplices co PSOE e con Podemos. A través da lei de cambio climático volven a tentar pechar industrias que están na costa”.

Reiterou a mensaxe mobilizadora na que insiste o PP:”O que valen son os votos que se introducen nas urnas. Que vaian votar tranquilos, nunca foi tan seguro”.

Nesta ocasión, para Diego Calvo “hai que escoller entre un presidente que sabe xestionar e xenera certezas e tranquilidade e unha alternativa de varios partidos que aínda non teñen decidido cal é o seu líder”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos