12.3 C
Santa Comba
domingo, noviembre 27, 2022

Xosé Luís Rivas:”Queremos liderar o goberno para dar resposta aos centos de reclamacións das rúas”

O cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas, afirmou que aspiran a “liderar o goberno galego, para dar resposta aos centos de reclamacións das rúas”, en relacións coa sanidade ou a educación.

Pero tamén para que “a mocidade non teña que marchar”, para que “se respecten a nosa sinais de identidade” ou para “facer do rural un territorio dinámico”.Porque logo da xestión do goberno “feble e cativo” de Núñez Feijóo “seguimos cos problemas de sempre”. Para Mini “Galicia merece un goberno que teña sensibilidade de intencionalidade” de traballar polo país.

Quéixase da falta de base territorial para os gandeiros, e asegura que o BNG pretende activar o Bantegal e “mobilizar 10.000 hectáreas cada ano durante dez anos”.Lamenta a falta de “valentía” para afrontar a reordenación do monte ou a falta de xestión da pesca:“A sardiña non colle no mar, pero as cotas son irrisorias”.

Tarifa eléctrica galega

Considera que no sector lácteo “hai que marcar prezos obxectivos” e con respecto á problemática do xabaril pensa que hai que coñecer ben a poboación antes de actuar pero ten claro que “o problema do xabaril non se pode xestionar exclusivamente a tiros”.Defendeu unha tarifa eléctrica galega e criticou a dependencia do estado de partidos coma PP, PSOE ou Podemos.”O PP nunca defendeu autogoberno e o PSOE tampouco”.

O candidato nacionalista recriminoulle a Feijóo non conseguir “ningunha competencia en once anos” e tamén propuxo unha nova política con respecto a enerxía eólica xa que se os viraventos provocan un “mal paisaxístico, son molestos e fan un dano” deberían alomenos “deixar unha parte das ganancias para desenvolvemento”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,791SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos