Audio coa entrevista a Francisco Sebio
O candidato do Partido Comunista dos Traballadores de Galicia(PCTG) afirmou que se presentan ás eleccións do 12 de xullo “para dicir o que ninguén dí” e para que “a clase traballadora conte cun programa independente, propio e de clase”.
Francisco Sebio entende os comicos coma “unha batalla máis” para superar o actual sistema:”O capitalismo é un réxime caduco e senil, que non cubre as necesidades do ser humano”.Neste senso pensa que hai que promover “unha economía planificada” e “loitar pola nacionalización dos sectores estratéxicos”.
Industria farmacéutica propia ou derrogación das reformas laborais
Entre as propostas do PCTG figuran a derrogación das dúas reformas laborais, un modelo único de contratación, a eliminación das empresas de traballo temporal, ou a creación dun corpo especializado da inspección de traballo, con participación sindical, para loitar contra a siniestralidade laboral.
Tamén apostan por unha industria farmacéutica propia ou pola expropiación das vivendas propiedade dos bancos e fondos voitre.
Sobre o chamado voto útil, Francisco Sebio afirmou que o voto aos comunistas “non é un voto tirado. Vai a ser un voto de reforzo a unha opción cada vez máis necesaria” que servirá para rachar “unha dinámica trampona” e apoiar a un partido que defende os intereses dos traballadores.