9.2 C
Santa Comba
lunes, abril 28, 2025

Antonio Ramos:”Non é de sentido común ter que pagar por traballar. Hai que eliminar a cota de autónomos”

Queren despolitizar a educación e que “os libros de historia sexan imparciais e se vexa que o comunismo  é igual de nocivo que o nazismo”.

“Sentido común” é o lema do Partido Libertario (P-LIB) que se presenta pola provincia coruñesa. E para o seu candidato Antonio Ramos Alonso “non é de sentido común ter que pagar por traballar. Hai que eliminar a cota de autónomos”.

Menos impostos

Esa é unha das propostas deste partido que tamén defende un máximo dun 10% para o IVE, IRPF e do imposto de sociedades ou a eliminación do imposto de sucesións.

“Confiamos na responsabilidade do individuo e queremos darlle liberdade tanto económica como moral, como de culto, que cadaquén intente seguir o seu camiño en busca da felicidade sen facerlle dano a ningún outro” declara o candidato.

Menos poder ao estado

Un partido de “mente aberta” que conta con distintos referentes polo mundo entre eles o congresista norteamericano Justin Amash. Unha das ideas básicas é “restarlle o máximo poder posible ao estado e darllo ao cidadán”.

Antonio Ramos comenta:”Queremonos parecer a Suiza ou Irlanda que a Venezuela ou Cuba”.Representan “unha alternativa real anti-estatalista” que quere “menos poder para o goberno central de Madrid e máis para a comunidade galega.”. E incluso “trasladar competencias ás comarcas e os concellos”.

Despolitizar a RAG

Os libertarios queren acceso universal á sanidade e a educación privada, transparencia total dos gastos da administración, e despolitizar a educación e que “os libros de historia sexan imparciais e se vexa o comunismo como e igual de nocivo que o nazismo. O fascismo é de dereitas e de esquerdas”.

E tamén propoñen despolitizar a Academia da Lingua “que sexa independente, goberne quen goberne” e que haxa un galego normativo e non “un galego que e parece máis ao portugués”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos