11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Pancho Casal:”Teño a convicción de que imos ser decisivos para que haxa un goberno e un Parlamento plural”

O candidato da Marea Galeguista á presidencia da Xunta asegura que afronta esta campaña electoral “coa convición de que imos ser decisivos para que haxa un goberno e un Parlamento plural”.

“Non imos a estar condicionados por ninguén de fóra”

Pancho Casal indicou que “non imos a estar condicionados por ninguén de fóra”, citando o caso de PSOE e Podemos, e puxo en valor “a capacidade de falar con todo o mundo” porque “non imos a ser dogmáticos, nin ter apriorismos, nós ofrecemos diálogo e capacidade de interlocución”.

A loita contra a desigualdade e o cambio climático, a xustiza social, e os dereitos das mulleres son piares fundamentais do discurso da coalición formada por En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista.

O PP, en contra da inmensa maioría dos cidadáns

“Levamos moito tempo escoitando a sociedade e traballando por ela” declarou Casal que lamenta a xestión do goberno do Partido Popular:”Non se pode traballar en contra dunha inmesa maioría de cidadáns como fixo o PP durante once anos”.

Un goberno galego que para a Marea Galeguista non aproveitou nin os recursos dispoñibles:”Feijóo  non debeu ler o estatuto. Non exerceu nin a metade das competencias que temos no Estatuto de Autonomía”.

Falou dun pobo que ten moitos parques e proxectos eólicos, pero paga un prezo caro pola enerxía ou ten en problemas a empresas como Ferroatlántica(XEAL) que dependen directamente dela.

“O oligopolio eléctrico ten un poder político inmenso”

“O oligopolio eléctrico ten un poder político inmenso” manifestou Pancho Casal que acusa a Núñez Feijóo de “privatizar ata o vento”.Pensa que “os muíños teñen que ser das comunidades de montes e das cooperativas agrogandeiras”.

A coalición propón o “rescate dos servizos públicos”, incidindo na sanidade que “non pode ser un negocio”, e anticipa que demandará que se destinen a Galicia 10.000 millóns de euros dos fondos de restructuración da Unión Europea.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos