O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, inicou a carreira electoral cun acto en Vigo, onde afirmou que esta era «a campaña máis decisiva da historia da democracia en Galicia».
Para Gómez Reino trátase dunha campaña decisiva «para acabar con dez anos de maltrato á nosa sanidade pública que resitiu e nos sostivo durante a pandemia, decisiva porque nos xogamos o futuro da nosa industria, decisiva porque os nosos maiores merecen un goberno que non deixe os coidados en mans privadas».
Por iso chamou «a votar o 12 de xullo para botar ao PP da Xunta e dicir alto e claro «bye bye» Feijóo», concluíu.