14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Feijóo:“Non me presento para derrotar a ninguén senón para que Galicia saia gañando”

O candidato do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu no inicio da campaña un pacto aos galegos baseado en “certezas, confianza e xestión”.

A elección é “entre un multipartito ou un goberno” e entre “un experimento ou a experiencia”. Pediu unha participación masiva e advertiu contra a relaxación:”Non deixedes que nadie decida por vós. Nada está feito”.

Feijóo afirmou que non ía a prometer cousas imposibles pero si “comprométome a facer todo o posible” e anunciou que durante a campaña electoral “non vou a perder un segundo en confrontacións, toda a campaña imos a facer propostas. Galicia é moito máis que un choque de bloques”.

Na súa primeira intervención desta carreira electoral declarou:“Non me presento para derrotar a ninguén senón para que Galicia saía gañando”.
Pensa que son moitos os retos que ten Galicia:”A fórmula é traballar, non hai tempo de learse en divisións”. Falou da necesidade de protexer ás familias e dixo que o Partido Popular tiña un proxecto “comprobado, auditado e que funciona”. Por iso solicitou o apoio dos galegos.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos