9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Ana Pontón:»Somos a candidatura que máis ilusión e esperanza desperta para derrotar ao PP e abrir un tempo novo»

A candidata do BNG, Ana Pontón, pediu unha mobilización masiva para poder conseguir o obxectivo, derrotar a Núñez Feijóo e que por primeira vez a Xunta teña «unha muller e unha nacionalista presidenta».

“Comeza unha campaña na que nos marcamos un obxectivo tan ambicioso como ilusionante: facer historia é que por primeira vez Galiza teña unha muller nacionalista como presidenta”, proclamou, “facer historia é conseguir o cambio que prenda o motor deste país e venza á parálise e a submisión que representa o PP; facer historia é construír unha nova Galiza, gobernada desde nós, viva, dinámica, con futuro, que se faga valer, que non baixe a cabeza diante de Madrid e que aposte con decisión por abrir un país novo” dixo Pontón.

A candidata do BNG insistiu en contaxiar ese optimismo aos presentes e a tódalas persoas que poden recibir a súa mensaxe: “Quero dicirvos, coa man no corazón, que o cambio galego é posible se todos e todas nos mobilizamos, co BNG podemos construír unha Galiza mellor, orgullosa, un país no que vivir e traballar, con xustiza e benestar social. O 12 de xullo, fagamos historia cunha muller presidenta, cun goberno capaz de darlle un futuro de esperanza a xente deste país. Ese é o meu compromiso!”.

Deixou claro que “un goberno liderado polo BNG vai demostrar que hai solucións para ALCOA, claro que é posible salvar o emprego e a produción dun sector estratéxico para Galiza. Como teñen a cara de dicirnos que non hai solución os mesmos que puxeron sobre a mesa 90.000 M€ para rescatar a banca, os mesmos que puxeron sobre a mesa 5.000 M€ para rescatar as radiais madrileñas! Por que ALCOA non, porque A Mariña non? Imos demostrar que hai solución cando teñamos un goberno que se faga valer, será posible a partir do 12 de xullo”.

E continuou nesa liña:»un goberno liderado polo BNG vai demostrar que é posible acabar co espolio enerxético, que é posible poñer fin a estafa das peaxes, que é posible poñer o país a producir, que é posible aproveitar os nosos recursos para xerar riqueza e emprego, vai demostrar que é posible traer a mocidade emigrada, que é posible ter servizos públicos fortes e libres de recortes, que é posible mellora a vida das persoas».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos