9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Pancho Casal:»Recollemos o espírito de Castelao e de Bóveda, dun galeguismo progresista e integrador que quere que o país avance»

A Marea Galeguista iniciou a campaña en Compostela, coa ilusión de acadar representación no Parlamento de Galicia, precisando que o obxectivo «non é só botar a Feijóo», senon «reconstruírmos o país». Iso co PP na oposición.

«A cidadanía está farta da polarización política e reclama unha forza que, sen dependencias, aposte por unha nova normalidade xusta, sostible e na que ninguén quede atrás» declarou o candidato Pancho Casal.

Asegurou que a coalición formada por En Marea, Compromiso por Galicia e Partido Galeguista “recollemos  espírito de Castelao e de Bóveda, dun galeguismo progresista e integrador que quere que o país avance».

Soberanismo cidadán e democrático

E avogou por aproveitar todas as competencias de Galicia:»O goberno de Feijóo semella que non leu nunca o noso Estatuto de Autonomía, onde se recolle, por exemplo, que a política industrial é competencia exclusiva da Xunta de Galicia».

Casal reivindicou «o soberanismo cidadán e democrático» para «decidirmos sobre as cousas que nos afectan» e sinalou que «o 12 de xullo seremos a chave dun goberno progresista en minoría» porque «o importante non é entrar no goberno a toda costa», senon «facer política útil para as mulleres, para as mozas, para os pensionistas, para as traballadoras, para todas, voten a quen voten».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos