Pancho Casal abre este venres as entrevistas electorais de “Na Encrucillada”
O candidato á presidencia da Xunta pola Marea Galeguista, Pancho Casal, abrirá este venres o ciclo de entrevistas electorais que organiza Radio Xallas.A entrevista emitirase no programa «Na Encrucillada» que se emite desde as 11h.
Todas as opcións políticas teñen espazo “Na Encrucillada”
Nunha iniciativa nada habitual nos medios galegos, desde a emisora do concello de Santa Comba convidouse a representantes das catorce opcións políticas que se presentan pola provincia da Coruña a participar nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” durante esta campaña electoral das eleccións autonómicas, para dar a coñecer as súas propostas.
Foron convidados Partido Popular, Marea Galeguista, PSOE, BNG, Ciudadanos, Galicia en Común, Vox, Partido Comunista dos Traballadores de Galiza(PCTG), Por Un Mundo Máis Xusto(PUM+J), Partido Animalista(PACMA), Coalición de Centro Democrático, Equo, Recortes Cero, e Partido Libertario.
unha «precampaña» especial
Seguindo coa aposta pola pluralidade, xa durante este ano en Radio Xallas foron entrevistados distintos políticos galegos nun ciclo que pecha este xoves o candidato de Vox, Ricardo Morado. A pandemia sanitaria non só adiou a data dos comicios senón que tamén deixou pendente esta conversa.
Pero antes estiveron Beatriz Pino(Ciudadanos), Gonzalo Caballero(PSOE)Paula Prado(PP), Juan Carlos Piñeiro(Compromiso), Luis Villares(En Marea), Anón Sánchez(Anova), Pachi Vázquez(Espazo Común) e Nestor Rego(BNG).