VIDEO-#adiantetv
A conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda respondeu desde Radio Xallas á petición lanzada polos alcaldes de Santa Comba, Mazaricos, A Baña, Negreira e Outes.
Ánxeles Vázquez pediu aos rexedores “ tranquilidade total” e que “ non se preocupen” xa que os informes que saen do seu departamento son «técnicos» e cumpren coa lei.
Defendeu a necesidade da enerxía eólica pero insistiu en que os informes seguen un criterio “exclusivamente técnico” e por tanto axustados á normativa “e iso téñenno que saber os alcaldes”.
“Cando un eólico non está nun lugar preciso ou non cumpre coa distancia, eses informes son desfavorables e non saen adiante” aclarou.
Indicou que durante o confinamento permitiuse ás empresas seguir presentando documentación vía telemática e tamén a presentación de alegacións a concellos e veciños, algo que critican desde os cinco concellos antes mencionados.