A Consellería de Sanidade detectou nove casos positivos en coronavirus na comarca do Barbanza. 8 en Ribeira e 1 na Pobra do Caramiñal.A posible orixe está nun caso improtado do Brasil que chegou a Galicia a principios de xuño.
O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández Campa, explicou que os 9 casos positivos presentaron sintomatoloxía leve e que
non precisaron hospitalización, mais teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.Houbo 15 persoas que deron negativo pero que permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de vixilancia epidemiolóxica.
Así mesmo, apuntou que as nove persoas cuxas PCR obtiveron resultado positivo,pertencen ao círculo familiar e de amizade da familia en que se rexistrou o primeiro casos.
340 casos activos
Na súa última actualización a Xunta informou que o número de casos activos decoronavirus en Galicia é de 340, deles 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 30 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 336 no domicilio.Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.532 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.O número de PCR realizadas é de 165.608.