10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 24, 2023

Parabéns para El Correo Gallego

// Xosé Manuel Lema //

Hoxe El Correo Gallego publica o seu número 50.000. Algo  digno de louvar. Leva moitos anos exercendo de fiel cronista da actualidade e do sentir de Galicia. Por iso desde este humilde xornal dixital que cumpre este ano o seu primeiro lustro, queremos felicitar a toda a familia de El Correo Gallego.

Non podemos ocultar que para nós é un xornal “amigo”. E eu non podo sentir más que gratitude por poder colaborar, desde fai tempo, con este medio.

Falamos dunha cabeceira histórica desta terra, que soubo aguantar os golpes dun mar de incerteza que nos últimos anos tivo especial incidencia nos medios de comunicación.

A súa ledicia é  hoxe un sentimento compartido. Representativa desta fermosa historia é a biografía do seu director, José Manuel Rey Nóvoa, un exemplo de esforzo, ilusión e xenerosidade. A tinta corre polas súas veas e contaxia paixón. Paga a pena ler a súa reflexión de hoxe, nun deses xornais, para gardar. Un número 50.000 (con case trescentas páxinas) non se ten tódolos días nas mans.

Hai que estender a felicitación a tódalas persoas que fan posible que o barco siga con rumbo firme e se manteña este idilio con Galicia.Este é un medio dixital. A nosa aposta polas novas tecnoloxías é evidente. Pero agardo poder seguir tendo a oportunidade de que cada mañá non me falte o meu café e o meu exemplar de El Correo Gallego. Será unha boa noticia.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos