3.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Galicia baixa dos 500 casos activos por coronavirus

Mércores 10 de xuño- 476 casos activos e ningún na UCI

Nota da Xunta – 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 476, deles 101 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 189 da área de Vigo, 97 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en unidades de hospitalización e 466 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.338 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 153.606.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,07% do total das persoas residentes.Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos