9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Piñeiro Docampo:”O que non podo permitir é negociar postos nunha cafetería”

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, valorou as recentes dimisións na executiva do partido:”É certo que dimitiron 5 membros dunha Executiva de 19, non pasa nada isto é voluntario, o que non podo permitir como Secretario Xeral é negociar postos nunha cafetería e menos polo persoal laboral do Partido, aos poucos veránse os porqués, máis Galicia segue e CxG tamén”.

Nunha declaracións difundidas a través do boletín do partido “O Teixo”, Piñeiro manifesta que “O día 29 en Ourense, estes cargos de CxG estaban convocados a unha reunión da Executiva, non asistiron, como tampouco o faran ao Consello Nacional, se cadra non lles gusta que o resto da organización escoite como foi a súa actuación. Mais todo leva o seu cauce e as súas consecuencias, que serán firmes. Agora o importante é que o Galeguismo esteña no Parlamento e para iso toca traballar”.

Expediente de expulsión a Montse Almozara

Segundo información do mesmo “voceiro galeguista”, nesa xuntanza da executiva tratáronse os expdientes de urxencia “de despedimento disciplinario” de Suso Ares, “xuntamente ao expediente de expulsión de urxencia da exsecretaria nacional de Finanzas, Montse Almozara, temas de irrelevancia política, se ben de impacto na estrutura interna do partido”. A xalleira Almozara ocupaba o segundo posto na candidatura de CxG que tiña previsto concorrer aos comicios do pasado 5 de abril.

A esa mesma executiva, incorporouse Orlando Villamayor que como explican desde o partido “compatibilizará a súa nova responsabilidade coa dirección da Oficina CEUS de relacións co Parlamento Europeo e coa nosa eurodeputada Izaskun Bilba”.

Marea Galeguista

Pero o tema máis importante foi o referente a coalición de CxG con En Marea e o Partido Galeguista:”Abrese un horizonte novo no galeguismo, coa suma do Partido Galeguista histórico, En Marea e Compromiso por Galicia, nace unha coalición que pode dar voz ao anceio de construcción nacional que levamos décadas agardando neste País. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos