5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Luns 1 de xuño. 722 casos de coronavirus activos en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 722, deles 162 son da área da Coruña, 40 da de Lugo, 75 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 262 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 permanecen en UCI, 32 están en unidades de hospitalización e 688 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.970 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 143.580. 

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos