13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Marea Galeguista propón un proxecto nacional galego aberto e inclusivo para canalizar a vontade cidadá

Co bandeira galega e a europea, en Bonaval presentouse a Marea Galeguista, a marca electoral de En Marea (cunhas trinta mareas municipalistas), Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista, para as vindeiras eleccións autonómicas.

Segundo os seus promotores a Marea Galeguista “é o resultante da vontade de unir forzas nun proxecto nacional, galego, aberto e inclusivo que poida canalizar politicamente a vontade cidadá de empregar as institucións para mellorar as condicións de vida da cidadanía”.

No acto de presentación participaron o deputado Pancho Casal e María Chao, de En Marea, Juan Carlos Piñeiro Docampo(secretario xeral) e Milagros Corral, en representación de Compromiso por Galicia e Manuel Suárez  e Francisco López “Chesqui”, presidente e secretario do Partido Galeguista.

No acordo, de vinte puntos, explican que “a necesaria reconstrución de Galicia debe facerse respectando a nosa realidade social e cultural, baseada nas capacidades do país, pero considerando tamén o marco global no que se vai desenvolver e as condicións de partida. As limitacións na dispoñibilidade enerxética, o desemprego e a precarización das condicións laborais, a toma de conciencia da desigualdade de xénero, unha mudanza climática que altera recursos e riscos nas nosas comarcas e os compromisos adquiridos na redución de emisións, obrígannos a procurar un rexurdimento económico netamente diferente do que nos trouxo a esta situación”.

Segundo o mesmo documento «A necesaria reconstrución de Galicia debe facerse respectando a nosa realidade social e cultural, baseada nas capacidades do país, pero considerando tamén o marco global no que se vai desenvolver e as condicións de partida. As limitacións na dispoñibilidade enerxética, o desemprego e a precarización das condicións laborais, a toma de conciencia da desigualdade de xénero, unha mudanza climática que altera recursos e riscos nas nosas comarcas e os compromisos adquiridos na redución de emisións, obrígannos a procurar un rexurdimento económico netamente diferente do que nos trouxo a esta situación. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos