15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Continúa a crise en Compromiso por Galicia: catorce baixas no Consello Nacional

Compromiso por Galicia segue perdendo músculo. Despois da renuncia de seis membros da executiva agora hai que sumar as catorce baixas no Consello Nacional, o que supón preto da metade dos cargos deste órgano.

Fai uns días dimitían da executiva Óscar Casais, Maxi Vázquez, Eva Rosende, Xabier Vázquez , Suso Ares e Paula Rey. Tamén deixan os seus cargos no Consello Nacional.

E á lista de desercións hai que sumar ao do único alcalde que conservaba a formación, David Barbeira, rexedor de Santa Comba que marcha xunto con Cristina Barcia Barcia,  Yaiza Carreira Cabana, Oscar Pena NietoXabier Pintos Pena, Lucía Torres Vigo, Xabier  Fontaíña Falque e Valentina J. Montiel Velásquez.

Os dimisionarios lamentan a perda de activos e de notoriedade política, pasando de ter 500 militantes a coller «todos en tres autobuses».

Acusan a Piñeiro Docampo de actuar como un tirano

Lembran que os resultados das eleccións municipais puxeron de manifesto que había un problema na dirección, e que despois do III Congreso entrou xente nova:»Estas novas incorporacións son as que deixan os cargos pois non están dispostos a estar para comulgar co que diga o Sr. Piñeiro e ser simples espectadores da política cunha estratexia interna de parálise».

E é o secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro Docampo, o obxecto das críticas: «Non podemos seguir nun partido dirixido por un tirano que obra de forma ditatorial e contra o que se está abrindo unha investigación xudicial por xestións financeiras é contables fraudulentas e que cando alguén trata de dicirlle algo actúa coma un coronel militar expulsando a calquera afiliado/a” .

Aclaran que estas dimisións non teñen nada que ver coas negociacións con En Marea e co Partido Galeguista: “Piñeiro fai o que quere e como quere, nin consulta nin informa, evita os debates abertos e libres nos órganos de dirección, e actúa sen consensos, dirixe o partido como un mando único baseado no seu posto de Secretario Xeral”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos